Materiais refractarios
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un material refractario é un material que ten unha forte resistencia a un factor (físico, químico, biolóxico) susceptíbel de degradalo, sendo este a maioría das veces a calor. Non hai unha fronteira clara entre os materiais refractarios e os que non o son, pero unha das características habituais dun material para consideralo refractario é que soporte temperaturas de máis de 1600 °C mantendo a súa resistencia e estrutura. Por exemplo, un forno de leña pode estar feito de ladrillos refractarios. Dependendo da operación, estes materiais deben resistir os choques térmicos, seren quimicamente inertes, presentar unha baixa conductividade térmica e un baixo coeficiente de dilatación. Adoitan utilizarse para facer crisois e recobrementos de fornos e incineradoras.