Mesa (xeomorfoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha mesa ou montaña tabular é unha zona elevada de terreo con cumio plano e cuxos lados adoitan seren acantilados abruptos. O seu nome deriva da súa forma distintiva, semellante ao taboleiro superior dunha mesa.
Trátase dun accidente xeográfico característico de ambientes áridos, particularmente do suroeste dos Estados Unidos en norte de México, sendo numerosas nas bad lands (terras baldías, terras ermas) e nas rexións de Colorado.
Tamén se encotran moitos exemplos na España seca, Sardeña, norte e sur de África, Arabia, India e Australia.
Considérase que a Grand Mesa, situada no oeste de Colorado, é a maior mesa do mundo.
O termo mesa, en orixinal en español, utilízase nos Estados Unidos para describir unha cima plana dunha montaña ou outeiro. En castelán ás veces este accidente xeomorfolóxico englóbase no máis xenérico de meseta, pero en galego cómpre distinguirmos entre ambos os termos, xa que meseta, aínda que derivado (e diminutivo) de mesa, adoita reservarse para amplas zonas xeográficas elevadas, e que non presentan claros bordos acantilados.[1][2]