Mundial de Fútbol de 1994
evento futbolístico internacional cuatrianual / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa do Mundo da FIFA 1994 (en inglés: World Cup USA '94) foi a edición número quince do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado polos Estados Unidos, sendo esta a primeira vez que se celebraba fóra de Europa e Suramérica. Celebrouse entre o 17 de xuño e o 17 de xullo en nove sedes distintas. O país norteamericano foi escollido como anfitrión pola FIFA o 4 de xullo de 1988. A pesar da relativa falta de popularidade deste deporte no país, rompéronse récords de asistencia nos estadios, cun total de 3.597.042 de espectadores cunha media de 69.174 por encontro. Este rexistro non foi superado até a edición de 2018 en Rusia, a pesar do incremento de 24 a 32 participanetes en 1998.
A vitoria no torneo foi para o Brasil após vencer na final a Italia no Rose Bowl de Pasadena. Tras a finalización do encontro con empate 0−0, esta foi a primeira final do mundial decidida con lanzamentos de penalti. Coa vitoria neste torneo, o Brasil foi a primeira selección en acadar catro títulos de campioa do mundo. Por outra banda, os debutantes nesta edición foron as seleccións de Arabia Saudita, Grecia, Nixeria e Rusia, a cal entreba por primeira vez no torneo despois da disolución da Unión Soviética. Tamén, por vez primeira desde 1938, a Alemaña unificada formou parte da competición.