Neil deGrasse Tyson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Neil deGrasse Tyson, nado no Bronx o 5 de outubro de 1958, é un astrofísico, escritor e divulgador científico estadounidense. En 2016 era o director do planetario Hayden no Centro Rose para a Terra e o Espazo, así como investigador asociado no departamento de Astrofísica do Museo Estadounidense de Historia Natural. Dende 2006 presenta o programa de televisión de corte educativo científico NOVA ScienceNOW, emitido pola canle pública Boston WGBH, membro de PBS.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar