Nové Město
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nové Město (do checo: Cidade Nova) é un distrito da cidade de Praga, República Checa. É a máis nova e grande das cinco cidades independentes (dende a Idade Media até 1784) que hoxe forman o centro histórico da Praga moderna. Nové Město foi fundada en 1348 por Carlos IV xusto fóra das murallas leste e sur de Staré Město (Cidade Vella). Forma unha área de 7,5 km², unhas tres veces o tamaño de Staré Město. A poboación de Praga en 1378 era duns 40.000 habitantes, quizais o dobre, facéndoa a cuarta cidade máis poboada ao norte dos Alpes e, por superficie, a terceira de toda Europa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País | República Checa | |||
Cidade | Praga | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 21.941 (2021) (6.567,2 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3,341 km² | |||
Bañado por | Río Moldava | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Fundador | Carlos IV de Luxemburgo | |||
Creación | 1348 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 110 00 e 120 00 | |||
Aínda que se pode máis ou menos comparar o trazado actual de Nové Město co da época da súa construción no século XIV, só unhas cantas igrexas e algún edificio administrativo da época sobrevive. Hoxe, hai moitos edificios civís e educativas no distrito, máis destacadas igrexas góticas e barrocas. Con todo, estas non son os principais puntos turísticos da zona, sendo o monumento máis famoso a Praza de Venceslau. Esta praza, que foi construída como un mercado de cabalos, agora funciona como un centro de comercio e turismo. No século XV, o Novoměstská radnice (Casa do Concello de Nové Město) foi escenario da primeira das tres defenestracións de Praga.