Palco da música
estrutura deseñada para actuar bandas de música / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un palco da música é unha construción xeralmente rectangular, que consta dun teito sostido por columnas e que serve como lugar de actuación para agrupacións musicais durante as festas. É tamén común que sexa en forma de quiosco[1] coma un pavillón aberto por todos os seus lados, normalmente de planta arredondeada ou poligonal (forma panóptica), que se coloca nun xardín para a interpretación de diversas manifestacións artísticas como música ou danza.
Popularizáronse coma construción festiva no século XIX e comezos do XX, especialmente para acomodar a execución musical das bandas nos concertos ao ar libre. No Reino Unido construíron moito na era Vitoriana cando o movemento británico brass band gañou relevancia. Os palcos máis miúdos non son máis ca gazebos. En Galiza son comúns en todas as vilas para a interpretación de bandas de gaita e de música especialmente nas festas parroquiais.