Patrimonio da Humanidade en Papúa Nova Guinea
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Papúa Nova Guinea, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Papúa Nova Guinea ratificou a convención o 28 de xullo de 1997, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
O sitio da antiga área agrícola de Kuk foi o primeiro lugar de Papúa Nova Guinea incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en ocasción da 32ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Quebec (no Canadá) en 2008.[4] Dende entón, Papúa Nova Guinea conta cun só sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.