Pharomachrus mocinno
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Pharomachrus mocinno é un paxaro da familia dos trogonidae. Atópase dende o sur de México até o oeste de Panamá (a diferenza doutros quetzais do xénero Pharomachrus, que viven no leste de Panamá e América do Sur). É moi coñecido pola súa plumaxe colorida. Ten dúas subespecies, o P. m. mocinno e o P. m. costaricensis.
Máis información Pharomachrus mocinno, Estado de conservación ...
Pharomachrus mocinno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de quetzal resplandecente. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pharomachrus mocinno La Llave, 1832 | |||||||||||||||
Área de distribución do quetzal resplandecente. | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
P. m. costaricensis |
Pechar
O pharomachrus mocinno xoga un papel moi importante na mitoloxía de Mesoamérica e é un dos símbolos nacionais de Guatemala, xa que aparece na súa bandeira e emblema. Tamén dá nome á súa moeda.