Pléiades (mitoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, as Pléiades (en grego antigo Πλειας Pleias, "moitas"; Πλειάδες Pleiádes, "fillas de Pléione"; ou Πελειαδες Peleiades, "pombas") (tamén chamadas Atlántides, polo seu pai) eran as sete fillas do titán Atlas e a ninfa mariña Pléione, nacidas no monte Cilene: Alcíone, Mérope, Celeno, Electra, Estérope, Táixete e Maia.
"De Atlante e Pléione, filla de Océano, naceron en Cilene de Arcadia sete fillas, chamadas Pléiades".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica' III,10,1)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pléiades (homónimos).