Pokémon
franquía arredor do videoxogo homónimo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pokémon (ポケットモンスター, Poketto Monsutā?, Pocket Monsters, literalmente "monstros de peto" en galego) é unha franquía multimillonaria, que orixinalmente comezou coma un videoxogo, mais debido á súa popularidade logrou expandirse a outros medios de entretemento coma series de televisión, xogos de cartas, roupa, entre outros, converténdose nunha marca que é recoñecida no mercado mundial. As vendas de videoxogos até o 1 de decembro de 2006, acadaran unha cantidade de 175 millóns de exemplares (incluíndo a venda da versión Pikachu da consola Nintendo 64), atinxindo ocupar o segundo lugar das sagas de videoxogos máis vendidos de Nintendo. A franquía celebrou o seu décimo aniversario o 27 de febreiro de 2006.
Pokémon, Anime | |
---|---|
ポケットモンスター Poketto Monsutā (Pocket Monsters) | |
Anime Pokémon | |
Dirixido por | Masamitsu Hidaka (1997-2006) Norihiko Sudo (2006-presente) |
Estudio | {{{estudio}}} |
Canle televisiva | TV Tokyo Kids WB, Cartoon Network Cartoon Network Latinoamérica |
Primeira emisión | 1 de abril de 1997 |
Última emisión | - |
Núm. de capítulos | 610 |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A serie de videoxogos foi desenvolvida pola compañía programadora de software xaponesa Game Freak, con personaxes creados por Satoshi Tajiri para a empresa de xoguetes Creatures Inc., e á súa vez para Nintendo. A misión nestes xogos é aprehender e adestrar aos pokémon (personaxes cuxa denominación dá nome ao xogo), que até a data acadan o número de 718. A posibilidade de os intercambiar fíxolle conseguir unha popularidade que se reflectiu nun éxito de vendas e a conseguinte aparición dunha serie animada, filmes e diverso merchandising coma peluches, xoguetes e cartas.
A produción dos videoxogos, a serie de anime e demais material para a súa distribución en occidente foi realizada nos Estados Unidos por 4Kids Entertainment até novembro de 2005, momento no que decidiu non renovar o seu contrato con Pokémon USA (unha subsidiaria de Pokémon Company). Actualmente esta supervisa todo o referente ao material de Pokémon na súa distribución en occidente.