Prefixo aeronáutico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Prefixo Aeronáutico ou Matrícula dunha aeronave, é unha serie alfanumérica de caracteres semellantes aos da matrícula dun automóbil. En conformidade co Convenio sobre Aviación Civil Internacional (OACI), tódolos avións teñen que estaren rexistrados pola autoridade aeronáutica nacional correspondente e este rexistro tense que levar mediante unha documentación legal, chamada Certificado de Rexistro, en todo momento durante as operacións da aeronave. Na maioría dos países obrigan tamén a que o prefixo sexa colocado nunha placa metálica a proba de lume sobre a fuselaxe, para que no caso dunha investigación a posteriori despois dun accidente aéreo no que o avión ardese, o recoñecemento da nave sexa doado.
Inda que cada matrícula aeronáutica é única, algúns países, pero non todos, permiten que esa mesma matrícula poida volver empregarse cando a aeronave sexa vendida, destruída ou retirada.
Tódolos países teñen matriculadas as súas aeronaves, militares e civís. A primeira parte da matrícula (prefixo) indica o país dono da aeronave e servizo (cada país ten asignada a súa correspondente sigla-prefixo polo Convenio sobre Aviación Civil Internacional), e a última (sufixo), é a identidade dese avión.
Por exemplo, na Arxentina, LV indica que é unha aeronave particular e comercial; A: de ataque (cazas), B: que é bombardeiro, C: carga. T: transporte. TC: transporte e carga, X: experimental, AX: ataque experimental, PA: Prefectura Nacional. E: Exército. GN: Xendarmería Nacional etc.