Premio Lenin da Paz
galardón da Unión Soviética / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Lenin da Paz ou Premio Internacional Lenin da Paz (ruso: международная Ленинская премия мира) foi un premio da Unión Soviética nomeado en honra de Vladimir Lenin. Era outorgado por un xurado nomeado polo goberno soviético, a individuos que tiveran "contribuído á causa da paz entre os pobos". Foi fundado como o Premio Internacional Stalin para o Fortalecemento da Paz entre os Pobos, mais foi rebautizado como Premio Internacional Lenin por Fortalecer a Paz Entre Pobos (ruso: международная Ленинская премия мира), por mor da desestalinización. A diferenza do Premio Nobel, o Premio Lenin da Paz era normalmente outorgado a varias persoas cada ano en vez de só a unha. O premio foi principalmente outorgado a comunistas prominentes da Unión Soviética e a estranxeiros aliñados coa URSS. Entre os galardoados destacan: W. E. B. Du Bois, Fidel Castro, Salvador Allende, Mikis Theodorakis, Seán MacBride, Angela Davis, Pablo Picasso, Oscar Niemeyer, Faiz Ahmad Faiz, Abdul Sattar Edhi e Nelson Mandela.