Río Columbia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Columbia é un curso fluvial do oeste de Norteamérica, que verque as súas augas no océano Pacífico, logo dun percorrido de 1.953 km. É o río máis caudalosos de todos os cursos de América do Norte que desembocan nese océano. Contando conxuntamente o seu afluente da esquerda, o Snake acada unha lonxitude de 2.240 km. A súa conca hidrográfica abrangue uns 668.217 km², dos que sobre un 15 % están sitos no Canadá.
Datos rápidos Columbia, País ...
Columbia | |
---|---|
O Columbia en Longview, Wash. | |
País | Canadá, Estados Unidos |
Nacemento | Lago Columbia |
Lonxitude | 1.953 Km |
Conca | 668.217 km². |
Caudal medio | 7.500 m³/s |
Desembocadura | Océano Pacífico |
Conca do Columbia | |
Pechar
O río foi nomeado así polo capitán norteamericano Robert Gray que lle deu o do navío Columbia Rediviva, o 11 de maio de 1792, por ser o primeiro occidental que entrou nel, mentres exploraba o noroeste do Pacífico.[1] O río Columbia foi cartografiado por vez primeira enteiramente en 1814 por David Thompson.