Rally de Montecarlo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rally de Montecarlo (oficialmente Rallye Automobile Monte Carlo) é un evento de rally organizado cada ano polo Automobile Club de Monaco que tamén organiza o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 e o Rallye Monte-Carlo Historique. O rally agora ten lugar ao longo da Riviera francesa no Principado de Mónaco e o sueste de Francia. Anteriormente, os competidores partían das catro esquinas de Europa e reuníanse, en Mónaco para celebrar o final dun evento único. Desde a súa creación en 1911 polo Príncipe Alberte I foi un medio importante para demostrar melloras e innovacións aos automóbiles.