São Paulo
cidade do Brasil / From Wikipedia, the free encyclopedia
São Paulo[1][2] (pronúnciase AFI: [sɐ̃w̃ ˈpawlu] ouça) é un municipio brasileiro, capital do estado homónimo e principal centro financeiro, corporativo e mercantil da América do Sur.[3]. É a cidade máis grande do Brasil cuns 11 253 503 habitantes, conforme estatísticas do Goberno Brasileiro feitas en 2011. Sitúase a 430 km da cidade do Río de Xaneiro, a 586 km da cidade de Belo Horizonte e a 1015 km de Brasilia, a capital do Brasil. Foi fundada polos misioneiros xesuítas o 25 de xaneiro de 1554. A área do municipio (equivalente a concello) é 1.522,99 km², e, coa súa rexión metropolitana (formada por outros 38 concellos veciños), atinxe máis de 8 mil km² e un total de 20 millóns de poboadores, tornándoa así a cidade máis poboada de América do Sur e unha das máis grandes aglomeracións urbanas do mundo.
Himno | Hino do município de São Paulo (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Paulo de Tarso | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.451.245 (2022) (7.518,87 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.523 km² | ||||
Bañado por | Rio Pinheiros (pt) e Río Tietê | ||||
Altitude | 760 m | ||||
Punto máis alto | Pico do Jaraguá (pt) (1.135 m) | ||||
Comparte fronteira con | Cajamar (pt) Poá (pt) Itaquaquecetuba (pt) Guarulhos Mairiporã (pt) Ferraz de Vasconcelos (pt) São Caetano do Sul (pt) Mauá (pt) Diadema (pt) São Bernardo do Campo São Vicente Caieiras (pt) Barueri (pt) Embu-Guaçu (pt) Juquitiba (pt) Santo André Santana de Parnaíba (pt) Itapecerica da Serra (pt) Taboão da Serra (pt) Embu das Artes (pt) Osasco Cotia (pt) Itanhaém (pt) | ||||
Creación | 25 de xaneiro de 1554 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ricardo Nunes (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de São Paulo (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 55) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01000-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 11 | ||||
Código de concello do Brasil | 3550308 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | prefeitura.sp.gov.br | ||||
São Paulo é a cidade brasileira máis influente no escenario global, sendo, en 2016, a 11.ª cidade máis globalizada do planeta, recibindo a clasificación de cidade global alfa, por parte do Globalization and World Cities Study Group & Network (GaWC). Así mesmo, é a cidade lusófona máis poboada e importante do mundo en termos tanto demográficos como culturais e económicos.
É un importante centro financeiro de América Latina,[4] algunhas fontes sitúana como a mellor cidade para facer negocios en América Latina.[5] É chamada polos brasileiros como a cidade que non pode parar.[6][7] Segundo estudos das consultoras Brookings, AméricaEconomía e PriceWaterhouseCoopers, é a cidade máis rica de América Latina, segundo o seu PIB (PPA).[8] No ano 2017, São Paulo foi catalogada como a cidade con máis multimillonarios en América Latina e América do Sur, e a 4.ª do continente.
São Paulo é un dos grandes centros de cultura, entretemento, moda e negocios a nivel mundial. A Bovespa é a décimo terceira maior bolsa de valores (en valor de mercado) do mundo e a maior de Latinoamérica. Segundo o sitio da Bovespa, neste mercado cotízanse máis de 500 compañías.[9] A pizza é un dos pratos favoritos da cidade, cunha produción de preto de 1 millón de unidades por día, con 30 % das vendas nacionais, só superada por Nova York[10]