Salsette
From Wikipedia, the free encyclopedia
Salsette (do nome en lingua marathi Sashti (साष्टी)) foi un antigo territorio de Portugal entre os anos de 1534 e 1737. É unha illa localizada no Estado de Maharashtra, noroeste da India.
Datos rápidos Situación, País ...
Salsette | |
---|---|
Localización da illa | |
As sete illas orixinais de Mumbai | |
Situación | |
País | India |
Mar | Mar de Arabia |
Coordenadas | 19°12′N 72°54′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 619 km² |
Longura máxima | 49´3 km. |
Largura máxima | 23´2 km. |
Punto máis alto | 468 m. Sanjay Gandhi National Park |
Demografía | |
Capital | Mumbai |
Poboación | 15.111.974 hab. (2011) |
Densidade | 24.414 hab./km² |
Pechar
A metrópole de Mumbai (antigamente, Bombai) e as cidades de Thane e Mira-Bhayandar atópanse nesta illa que, outrora, estaba formada por varias illas, que foron unidas por pontes e recheos durante os séculos XIX e XX, polo que é moi populosa e unha das illas máis densamente poboadas do mundo. Ten ao redor de 15.1 millóns de habitantes que viven nunha área de aproximadamente 619 km².