Selección de fútbol de Portugal
selección de fútbol de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de fútbol de Portugal representa a Portugal e competicións internacionais de fútbol xestionada pola Federación Portuguesa de Fútbol (FPF). A selección estreouse oficialmente o 18 de novembro de 1921 contra Inglaterra, xogo que acabou 2-1 a favor dos ingleses. A estrea de Portugal nun Mundial da FIFA, en 1966, levou á Selección das Quinas até as semifinais, onde sería derrotada pola anfitrioa e futura campioa, Inglaterra. Portugal terminou o campionato en 3º lugar e Eusébio foi o mellor marcador do torneo con nove goles. As catro veces seguintes en que Portugal se calificou para un Mundial foron en 1986, en 2002, sendo eliminado na fase de grupos en ambos, en 2006, en que terminou en cuarto lugar logo de perder por 3-1 coa selección anfitrioa (Alemaña) no xogo de decisión do terceiro e cuarto lugar e en 2010, onde foi eliminado nos oitavos de final por España por un 1-0.
Portugal | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Federação Portuguesa de Futebol - FPF | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | POR | ||
Alcume | A Selecção | ||
Clasificación FIFA | 7 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Fernando Santos | ||
Máis encontros | Cristiano Ronaldo (164) | ||
Máximo goleador | Cristiano Ronaldo (99) | ||
Estrea internacional España 3 − 1 Portugal Madrid, España; 18 de decembro de 1921 | |||
Maior vitoria Portugal 8 − 0 Liechtenstein Lisboa, Portugal; 18 de novembro de 1994 Portugal 8 − 0 Liechtenstein Coímbra, Portugal; 9 de xuño de 1999 Portugal 8 − 0 Kuwait Leiria, Portugal; 19 de novembro de 2003 | |||
Maior derrota Portugal 0 − 10 Inglaterra Lisboa, Portugal; 25 de maio de 1947 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1966) | ||
Mellor resultado | Terceiros (1966) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 8 (primeira en 1984) | ||
Mellor resultado | Campións (2016) | ||
En 2003, a Federación Portuguesa de Fútbol contratou Luiz Felipe Scolari, que fora campión coa selección brasileira de ftbol en 2002. Scolari levou Portugal á final do UEFA Euro 2004, onde foi derrotado por Grecia, e tamén á súa segunda semifinal, no Mundial da FIFA 2006. Acabaría por deixar a Selección tralo UEFA Euro 2008, sendo contratado polo Chelsea.
Carlos Queiroz foi designado como o novo seleccionador en 2008, saíndo do cargo de adestrador-adxunto do Manchester United. Tras ser acusado de ter obstruído os axentes do control antidopaxe e ser suspenso por seis meses, Queiroz foi dimitido do cargo de seleccionador o día 7 de setembro de 2010 sendo substituído por Paulo Bento no cargo. O Estadio oficial da selección portuguesa de fútbol é o Estadio Nacional do Jamor ou ás veces o Estadio Nacional localizado en Oeiras, Lisboa. Porén os seus xogos oficiais non son realizados nel debido á súa degradación.