Selección de fútbol de Serbia e Montenegro
selección de fútbol de Serbia e Montenegro / From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol de Serbia e Montenegro (serbio: Фудбалска репрезентација Србије и Црне Горе, Fudbalska reprezentacija Srbije i Crne Gore) foi a selección nacional de fútbol da unión política que representaba Serbia e Montenegro. Estaba controlada pola Asociación de Fútbol de Serbia e Montenegro (Фудбалски савез Србије и Црне Горе, Fudbalski savez Srbije i Crne Gore). Durante once anos, emtros o estado se chamou República Federal de Iugoslavia, o equipo foi coñecido como selección de fútbol da FR Iugoslavia (Фудбалска репрезентација СР Југославије, Fudbalska reprezentacija SR Jugoslavije). O nome mudou en febreiro de 2003 cando o nome do estado pasou a ser Serbia e Montenegro.[1]
RF de Iugoslavia Serbia e Montenegro | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Fudbalski Savez Jugoslavije (1992−2003) Fudbalski savez Srbije i Crne Gore (2003–2006) | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | YUG (1992–2003) SCG (2003–2006) | ||
Alcume | Plavi (Azuis) | ||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Ilija Petković (último) | ||
Máis encontros | Savo Milošević (101) | ||
Máximo goleador | Savo Milošević (35) | ||
Estrea internacional Brasil 2 − 0 Iugoslavia Porto Alegre, Brasil; 23 de decembro de 1994 Último encontro Costa do Marfil 3 - 2 Serbia e Mont. Múnic, Alemaña; 21 de xuño de 2006 | |||
Maior vitoria Illas Feroe 1 − 8 Iugoslavia Toftir, Illas Feroe; 6 de outubro de 1996 | |||
Maior derrota Arxentina 6 − 0 Serbia e Mont. Gelsenkirchen, Alemaña; 16 de xuño de 2006 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 2 (primeira en 1998) | ||
Mellor resultado | Oitavos de final (1998) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 1 (primeira en 2000) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (2000) | ||
En 2006, Montenegro declarou a súa independencia de Serbia, polo que o equipo pasou a ser a selección de fútbol de Serbia o 28 de xuño de 2006. Para representar ao novo estado, foi creada a selección de Montenegro. Así, a selección de Serbia mantivo o historial e rexitros da selección anterior. Aínda que politicamente Serbia e Montenegro non estaba considerado como o estado sucesor da antiga Iugoslavia, a FIFA e á UEFA consideran que Serbia e Montenegro (e por tanto Serbia) é a única sucesora directa da selección de Iugoslavia, polo que reteñen os seus logros e títulos.[2][3][4]