Selección de fútbol do Xapón
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol do Xapón (サッカー日本代表, Sakka Nippon Daihyō?) é o equipo formado por xogadores de nacionalidade xaponesa que representa desde 1921 á Asociación Xaponesa de Fútbol (日本サッカー協会, Nippon Sakkā Kyōkai?) nas competicións oficiais organizadas pola Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e a Federación Internacional de Asociacións de Fútbol (FIFA).
Xapón | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Japan Football Association (JFA) | ||
Confederación | Confederación Asiática de Fútbol | ||
Código FIFA | JPN | ||
Alcume | Samurais Azuis (サムライ・ブルー) | ||
Clasificación FIFA | 28 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Hajime Moriyasu | ||
Máis encontros | Yasuhito Endō (152) | ||
Máximo goleador | Kunishige Kamamoto (80) | ||
Estrea internacional Xapón 0 − 5 China Toquio, Xapón; 9 de maio de 1917 | |||
Maior vitoria Xapón 15 − 0 Filipinas Toquio, Xapón; 27 de setembro de 1967 | |||
Maior derrota Xapón 2 − 15 Filipinas Toquio, Xapón; 10 de maio de 1917 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 6 (primeira en 1998) | ||
Mellor resultado | Oitavos (2002, 2010, 2018) | ||
Copa Asiática | |||
Participacións | 9 (primeira en 1988) | ||
Mellor resultado | Campións (1992, 2000, 2004, 2011) | ||
Copa América | |||
Participacións | 2 (primeira en 1999) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (1999, 2019) | ||
Formada a Asociación Xaponesa en 1921, e integrada á FIFA en 1929, abandonaríaa na segunda guerra mundial, e non volvería afiliarse a ela ata 1950, para uns anos máis tarde afiliarse tamén á Confederación Asiática. Motivo polo cal, o seu primeiro partido xogado en 1917 fronte á selección chinesa non é considerado como oficial, ao non estar auspiciado baixo ningún organismo. Así pois, o seu primeiro enfrontamento oficial, data do 23 de maio de 1923 fronte á selección filipina, ante a que caería derrotada por 1-2 en Osaka durante os Xogos do Extremo Oriente.[1]