Selección de fútbol sub-21 de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol sub-21 de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española menores de 21 anos, que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA e a UEFA da categoría sub-21. É a categoría inferior á Selección absoluta de fútbol de España e é coñecida co alcume de La Rojita.
España | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Real Federación Española de Fútbol — RFEF | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | ESP | ||
Alcume | La Rojita | ||
Clasificación FIFA | 1 (xuño de 2011) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Albert Celades | ||
Máis encontros | Iker Muniain (31) | ||
Máximo goleador | Rodrigo Moreno (12) Gerard Deulofeu (12) | ||
Estrea internacional España 0 - 3 Iugoslavia Novi Sad, Iugoslavia; 18 de xuño de 1969 | |||
Maior vitoria España 14 - 0 San Marino El Ejido, España; 8 de febreiro de 2005 | |||
Maior derrota España 0 - 5 Países Baixos | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 0 | ||
Mellor resultado | - | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 12 (primeira en 1982) | ||
Mellor resultado | 1º (3) (1986, 1998, 2011, 2013) | ||
Tecnicamente, trátase dunha selección que pode tamén ser considerada sub-23, xa que o requisito de que os seus xogadores deban de ser menores de 21 anos esíxese ao comezo de cada Eurocopa, pero ao durar esta dous anos, algúns futbolistas dispútana ata os 23 anos. O cambio de denominación de sub-23 a sub-21 produciuse en 1976.
O equipo sub-21 proclamouse campión da Eurocopa en catro ocasións e foi subcampión noutras tres. Só Italia, con 5 copas, gañou máis veces esta competición.