Sinfonía n.º 5 (Beethoven)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sinfonía n.º 5 en dó menor, op. 67, é unha sinfonía do compositor alemán Ludwig van Beethoven, escrita entre 1804 e 1808. É unha das máis célebres composicións da música clásica e unha das sinfonías máis interpretadas,[1] amplamente considerada unha das pedras angulares da música occidental. Representada por primeira vez no Theater an der Wien en 1808, a obra acadou a súa prodixiosa reputación pouco despois. E. T. A. Hoffmann describiu a sinfonía como "unha das obras máis importantes da época". Como é típico das sinfonías durante a transición entre as épocas clásica e romántica, a Quinta Sinfonía de Beethoven ten catro movementos.
Comeza cun distintivo motivo de catro notas "curta-curta-curta-longa":