Solo
superficie natural do chan / From Wikipedia, the free encyclopedia
O solo, desde o punto de vista edáfico, é un medio poroso, bioloxicamente activo e estruturado, desenvolvido na superficie emerxida da Terra. Cómpre non confundir o termo solo co termo chan, que é a superficie sobre a que andamos, é dicir, a capa superior ou codia do solo. Dun modo simplificado pode dicirse que as etapas implicadas na súa formación son as seguintes:
- Disgregación mecánica das rochas.
- Meteorización química dos materiais regolíticos, liberados.
- Instalación dos seres vivos (vexetais, microorganismo etc.) sobre ese substrato inorgánico. Esta é a fase máis significativa, xa que cos seus procesos vitais e metabólicos, continúan a meteorización dos minerais, iniciada por mecanismos inorgánicos. Ademais, os restos vexetais e animais a través da fermentación e a putrefacción enriquecen ese substrato.
- Mestura de todos estes elementos entre si, e con auga e aire intersticiais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |