Tempada 2012-13 da NBA
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2012–13 da NBA foi a 67ª na historia da National Basketball Association (NBA). A tempada regular comezou o 30 de outubro de 2012, e rematou o 17 de abril de 2013. O All-Star Game da NBA xogouse o 17 de febreiro de 2013 no Toyota Center de Houston, Texas. Os Playoffs comezaron o 20 de abril de 2013, e remataron o 20 de xuño de 2013.
Datos rápidos NBA 2012–13 ...
NBA 2012–13 | |
---|---|
Liga | National Basketball Association |
Deporte | Baloncesto |
Duración | 30 de outubro – 17 de abril |
1ª posición Draft | Anthony Davis |
Elixido por | New Orleans Hornets |
Tempada regular | |
Mellor rexistro | Miami Heat |
MVP | LeBron James (MIA) |
Anotador | Carmelo Anthony (NYK) |
Playoffs | |
Conf. Leste | Miami Heat |
Subcampión | Indiana Pacers |
Conf. Oeste | San Antonio Spurs |
Subcampión | Memphis Grizzlies |
Finais | |
Campión | Miami Heat |
Subcampión | San Antonio Spurs |
MVP | LeBron James (MIA) |
National Basketball Association | |
← 2011-12 | 2013–14 → |
Pechar
Os Miami Heat conseguiron o seu segundo anel consecutivo ó gañar por 4-3 ós San Antonio Spurs. LeBron James conseguiu tamén o seu segundo MVP das Finais da NBA consecutivo.