Thích Nhất Hạnh
From Wikipedia, the free encyclopedia
Thích Nhất Hạnh (|tʰǐk̟ ɲə̌t hâjŋ̟ˀ|), nado como Nguyễn Xuân Bảo[1] en Huế o 11 de outubro de 1926,[2] e finado na mesma cidade o 22 de xaneiro de 2022,[3] foi un monxe budista e activista vietnamita, fundador da Plum Village Tradition.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (vi) Nguyễn Xuân Bảo 11 de outubro de 1926 Huế (Indochina Francesa) |
Morte | 22 de xaneiro de 2022 (95 anos) từ hiếu pogoda (Vietnam) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia (1982–) Vietnam |
Relixión | Budismo |
Educación | Universidade de Princeton |
Actividade | |
Campo de traballo | Budismo, Zen, movimento pacifista (pt) , Activismo, tolerância religiosa (pt) , Dereitos humanos, direitos dos animais (pt) e vexetarianismo |
Ocupación | bhikkhu , monxe , spiritual teacher (en) , escritor , poeta , activista pola paz , científico da relixión |
Movemento | Budismo engajado (pt) |
Lingua | Lingua vietnamita, mandarín estándar, lingua francesa e lingua inglesa |
Premios | |
Páxina web | plumvillage.org… |
Thích Nhất Hạnh pasou a maoir parte da súa vida residindo no Plum Village Monastery no suroeste de Francia,[4] viaxando internacionalmente para realizar retiros espirituais e conferencias. Acuñou a expresión "budismo comprometido" no seu libro Vietnam: Lotus in a Sea of Fire.[5] Tralo seu longo exilio, recibiu permiso para realizar a súa primeira viaxe a Vietnam en 2005.[6] En novembro de 2018, regresou a Vietnam para pasar os seus último días no seu "templo raíz", o templo Từ Hiếu preto de Huế.[7]
Nhất Hạnh publicou máis de cen libros, incluídos máis de setenta en inglés.[8][9] Estivo comprometido co movemento pola paz, promovendo solucións non violentas aos conflitos.[10] Tamén rexeitou o consumo de produtos animais (veganismo) como forma de actuar coa non violencia cara aos animais.[11][12]