The Office (serie de televisión estadounidense)
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Office é unha serie de televisión estadounidense, unha comedia satírica rodada como se fose un documental que conta as xornadas de traballo dos empregados dunha oficina en Scranton, Pennsylvania da compañía ficticia Dunder Mifflin Paper Company. Emitiuse orixinalmente na NBC dende o 24 de marzo de 2005 até o 16 de maio de 2013 comprendendo nove tempadas.[1]
Formato |
|
---|---|
Creado por | Greg Daniels |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | Jay Ferguson |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 9 |
Episodios | 201 |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Cámara | Unha cámara |
Duración | 22–42 minutos |
Distribuidor | NBCUniversal Television Distribution |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 24 de marzo de 2005 |
Derradeiro episodio | 16 de maio de 2013 |
Na rede | |
https://www.nbc.com/the-office | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está baseada na serie The Office da BBC (2001–2003) creada por Ricky Gervais e Stephen Merchant, e foi adaptada para a televisión estadounidense por Greg Daniels, guionista de Saturday Night Live, King of the Hill e The Simpsons. Foi coproducida entre Deedle-Dee Productions e Reveille Productions (posteriormente Shine America), en asociación con Universal Television. Os produtores executivos orixinais foron Daniels, Gervais, Merchant, Howard Klein e Ben Silverman, con moitos outros produtores en tempadas posteriores.