Tratado de Tordesillas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como Tratado de Tordesillas ó asinado en Tordesillas, Castela na actual provincia de Valladolid, o 7 de xuño de 1494 e que define a división do Novo Mundo entre Castela e Portugal.
O tratado establece unha división entre só os dous estados signatarios, tendo como liña divisoria o meridiano localizado a 370 leguas (1.770 km) ao oeste das illas de Cabo Verde - meridiano que se situaría hoxe a 46° 37' oeste.
Foi ratificado por Castela en Arévalo o 2 de xullo e por Portugal en Setúbal o 5 de setembro do mesmo ano. Os orixinais do tratado atópanse no Arquivo Nacional da Torre do Tombo (Lisboa) e no Arquivo Xeral de Indias (Sevilla).