Tulagi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tulagi, tamén coñecida como Tulaghi, é unha pequena illa, cunhas dimensións de 5'5 km por 1 km nas Illas Salomón, ao sur das Illas Florida. A cidade do mesmo nome que a illa (1.750 hab.) foi a capital do Protectorado das Illas Salomón de 1896 a 1942, e é a día de hoxe a capital da Provincia Central.
Datos rápidos Situación, País ...
Tulagi | |
---|---|
Vista de Tulagi | |
Mapa das Illas Florida | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Central |
Arquipélago | Illas Florida |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 9°06′S 160°09′L |
Xeografía | |
Longura máxima | 5´5 km |
Largura máxima | 1 km. |
Demografía | |
Capital | Tulagi |
Poboación | 1.516 hab. (2007) |
Pechar
A illa foi elixida orixinalmente polos británicos como unha alternativa relativamente illada e máis saudable que ás illas máis grandes das Illas Salomón inzadas de enfermidades.