Universidade Nacional Autónoma de México
universidade de México / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) é unha universidade pública de México. Está considerada unha das 100 mellores universidades do mundo segundo The Times Higher Education.[1]
UNAM Universidade Nacional Autónoma de México | |
---|---|
Biblioteca Central da UNAM. | |
Datos xerais | |
Localización | Cidade de México, México |
Fundación | 22 de setembro de 1910 (113 anos) |
Datos actuais | |
Reitor | Enrique Graue Wiechers (2015-2019) |
Alumnos | 349 539 (2016-2017) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Torre de Rectoría, Circuito interior Ciudad Universitaria, Coyoacán Cidade de México, México |
Páxina web | http://www.unam.mx |
[ editar datos en Wikidata ] |
As súas orixes están na Real y Pontificia Universidad de México, fundada o 21 de setembro de 1551 co nome de Real Universidad de México, inaugurando os cursos o 25 de xaneiro de 1553, a partir de 1595 pasou a chamarse «Real y Pontificia», mediante bula concedida polo papa Clemente VIII en Frascati (Italia), o 7 de outubro de 1595.
Campus universitario central da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) | |
---|---|
Biblioteca central da UNAM | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | México |
Localización | 19°19′44″N 99°11′14″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 2007 (31ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 1250 |
Sitúase no concello de Coyoacán na parte sur de Cidade de México. Deseñado polos arquitectos Mario Pani e Enrique del Moral, encerra o Estadio Olímpico, unhas 40 facultades e institutos, o Centro Cultural, unha reserva ecolóxica, a Biblioteca Central, e algúns museos. Construíuse durante a década de 1950 sobre un antigo leito de lava solidificada en Coyoacán chamado "El Pedregal" para substituír os edificios dispersos no centro da cidade de Cidade de México onde se daban clases. Foi rematada en 1954 cun custo de aproximadamente 25 millóns de dólares. No momento da súa finalización era o proxecto de construción individual máis grande de México desde os aztecas.[2] Declarárona Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2007.[3]
Aínda que a Universidade ten outros edificios na Cidade de México (principalmente para estudos de grao e fins culturais), noutros estados mexicanos e noutros países (como Canadá e Estados Unidos), Ciudad Universitaria, coñecido simplemente como "C.U.", é o principal símbolo da Universidade.