Nacín un 12 de setembro de hai 45 anos en Marín. Estudei o grao superior de técnico de son na Coruña, maxisterio por educación primaria en Pontevedra e o Grao de Publicidade e Relacións Públicas tamén en Pontevedra, aínda un ano paseino na cidade sueca de Karlstad de Erasmus. Despois pasei varios anos entre Gotland e Galiza e no presente estou novamente en Suecia coa intención de quedar. Como bo emigrante fixen un pouco de todo: servir comida, lavar pratos, afumar carne, facer pizzas, limpar váteres, coidar anciáns e nenos e ser substituto en colexios. Agora mesmo son profesor de español no colexio de Roma, no centro de Gotland.
Esta é unha páxina de usuario da Wikipedia. Isto non é un artigo enciclopédico. Se accedeu a esta páxina a través dun sitio diferente á Wikipedia, poida que estea vendo un sitio espello. Teña en conta que é posible que esta páxina non estea actualizada e o usuario ao que pertence esta páxina pode non ter ningunha afiliciación persoal con outro sitio que non sexa a Wikipedia. A versión orixinal desta páxina atópase en http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Beninho.
Este usuario realizou arredor de 70489 edicións na Galipedia.
Pechar
Comecei a colaborar na Galipedia o día 11 de marzo de 2006 cunha pequeniña edición en música, e ese mesmo día comecei co meu primeiro artigo, o da banda de rock alternativoA Perfect Circle. E así, aos poucos, fun entrando neste marabilloso proxecto. Interésanme sobre todo os temas relacionados coa música (máis concretamente co rock actual) e coa astronomía. Tamén me interesa a historia, a mitoloxía, a ciencia ficción e a aviación.