Xeografía de Letonia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Letonia (en letón, Latvijas Republika) é un estado da Europa oriental, ás beiras do mar Báltico, entre Estonia e Lituania. Está situada no norte de Europa, na chamada rexión báltica. Limita ao norte con Estonia, ao leste con Rusia, ao sur con Belarús e Lituania e ao oeste co mar Báltico.
Letonia ten unha extensión de 64.610 km². A fisionomía da paisaxe letoa é bastante uniforme, predominando as chairas cubertas por depósitos de terra e lama con grandes zonas ocupadas por bosques de coníferas, páramos e pantanos ao longo de todo o territorio. A chaira de Zemgale, ao sur, até o límite con Lituania, contén as terras máis fértiles, polo que se considera o celeiro do país.