Zona económica exclusiva
From Wikipedia, the free encyclopedia
A zona económica exclusiva (ZEE) ou o mar patrimonial é unha faixa marítima de 200 millas (370,4 km) máis aló da liña base costeira (augas interiores). O seu baseamento está na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito no Mar de 1982.
No caso de Galiza as augas interiores son as rías e a extensión máis próxima de auga que queda entre os puntos máis afastados da costa unidos entre si. Dende esa liña base de costa as seguintes 12 millas (22,2 km) son as chamadas augas territoriais. As doce millas seguintes a elas son as chamadas augas adxacentes. Na fixación destas faixas non se teñen en conta os baixos, rochas ou pequenas illas non habitables afastadas da costa e sen poboación (artigo 121). A liña de costa está delimitada pola baixamar segundo se indica nas cartas náuticas, artigo 5 da Convención do Mar.