Área insular dos Estados Unidos de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha área insular é un termo xenérico utilizado pola administración dos Estados Unidos de América para referirse aos territorios que non forman parte dun estado integrante nin do distrito federal de Washington, D.C.
En xeral, os habitantes das áreas insulares teñen cidadanía norteamericana, aínda que non pagan impostos federais, non participan nas eleccións presidenciais, nin teñen representantes no Congreso. Os produtos manufacturados en áreas insulares poden levar a etiqueta «made in the USA».