O ónix[1] é un mineral, unha variedade de calcedonia, unha forma de cuarzo. Considerada pedra semipreciosa, utilízase principalmente para a xoiería e artigos de decoración polo atractivo das súas tonalidades verdosas. A súa composición química é SiO2.