11ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 11.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 23 de febreiro de 1939 no Biltmore Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos).[1] Nesta edición non houbo mestre de cerimonias.
Nesta cerimonia prohibiuse a cobertura pola radio. O reporteiro George Fischer de Mutual Radio Network, KHJ, dos Ánxeles, que estivera a informar dos premios dende 1930, encerrouse nunha cabina e puido retransmitir doce minutos antes de que os gardas de seguridade rompesen a porta. A emisión parcial pola radio volveu permitirse de novo na cerimonia de 1942.[2]
Por primeira vez foi candidato ao Óscar ao mellor filme unha obra en lingua estranxeira, La Grande Illusion, de Jean Renoir.