14ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 14.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 26 de febreiro de 1942 no Biltmore Hotel dos Ánxeles. O mestre de cerimonias foi Bob Hope. Unha parte da cerimonia foi emitida por CBS Radio.[1]
John Ford converteuse no primeiro director en gañar o Óscar dous anos consecutivos. Parte da atención do público centrouse no enfrontamento na categoría de mellor actriz entre as irmás rivais Joan Fontaine e Olivia de Havilland. A vitoria de Fontaine foi a única dun intérprete nun filme de Alfred Hitchcock.