ATP sintase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ATP sintase, tamén chamada ATP sintetase, (ou ás veces ATPase F, F-ATPase ou partícula F) é un importante encima (número EC 3.6.3.14), que xera a maior parte da enerxía da célula sintetizando adenosín trifosfato (ATP) a partir de ADP e fosfato inorgánico (Pi). O ATP é a molécula principal que a célula usa para o almacenemento e cesión de enerxía.
ATP sintase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 3.6.3.14 | ||||||||
Número CAS | 9000-83-3 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
A secuencia global de reaccións é: ATP sintase + ADP + Pi → ATP sintase + ATP
A enerxía que se almacena no ATP sintetizado por este encima procede dun fluxo de protóns, que se moven a favor dun gradiente electroquímico que se crea e pasan pola ATP sintase, entrando na matriz das mitocondrias, ou entrando no citoplasma bacteriano ou saíndo do tilacoide ao estroma dos cloroplastos.
As ATP sintases que producen ATP atópanse, pois, nos seguintes lugares:
- Na membrana mitocondrial interna de todos os eucariotas, coa súa porción F1 asomando á matriz mitocondrial.
- Na membrana plasmática bacteriana, coa súa porción F1 asomando ao citosol.
- Na membrana dos tilcoides dos cloroplastos, coa súa porción F1 asomando ao estroma do cloroplasto.