Abrahán
patriarca biblico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Abrahán[1] (en hebreo: אַבְרָהָם, Avraham; en árabe ابراهيم, Ibrāhīm)[2] é o patriarca do xudaísmo, recoñecido polo cristianismo e un profeta moi importante do islam. A historia da súa vida é relatada no libro da Xénese[3] e no Corán,[4] pero non hai ningunha evidencia histórica da súa existencia. As datas tradicionais da súa biografía sitúanse entre o 2166 a.C. e 1991 a.C. Segundo a tradición xudía, naceu no ano 1948 da Creación, equivalente ao ano 1812 a.C.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2167 a. C. ↔ 1792 a. C. |
Morte | 2050 a. C. ↔ 1638 a. C. (174/175 anos) |
Causa da morte | Morte natural |
Lugar de sepultura | Túmulo dos Patriarcas (pt) |
Profeta Relixións abrahámicas | |
Patriarca xudaísmo | |
Datos persoais | |
Residencia | Canaán Mesopotamia |
País de nacionalidade | sen valor |
Grupo étnico | Hebreos |
Relixión | sen valor |
Actividade | |
Lugar de traballo | Palestina |
Ocupación | pastor , father of faith (en) , Profeta |
Lingua | Linguas cananeas |
Celebración | Relixións abrahámicas, Islam, cristianismo e xudaísmo |
Día de festividade relixiosa | 9 de outubro |
Familia | |
Cónxuxe | Sara Agar (personaxe bíblica) Quetura |
Fillos | Ismael (pt) () Agar (personaxe bíblica) Midiã (pt) () Quetura (pt) Jisbaque (pt) () Quetura (pt) Sua (pt) () Quetura (pt) Medã (pt) () Quetura (pt) Zinrã (pt) () Quetura (pt) Jocsã (pt) () Quetura (pt) Isaac () Sara (pt) Bakol (en) () |
Pais | Terah e Amathlaah (pt) |
Irmáns | Naor (pt) , Harã (pt) e Sara (pt) |
Parentes | Sara (pt) (paternal half-sister (en) ) |
Cronoloxía | |
Circuncisión | |
Pacto Abraâmico (pt) | |
Sacrificio de Isaac | |
Batalha do Vale de Sidim (pt) | |
Conflito entre Abraão e Lot (pt) | |
visión | |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O seu nome orixinal era Abram (en hebreo אַבְרָם Avram), e era descendente do fillo de Noé, Sem.[5][6][7] Aínda que a súa muller era estéril, Deus prometeulle que da súa descendencia fariase unha gran nación, razón pola que cambiou o seu nome por "Abrahán", que significa pai de multitudes. O truncado sacrificio de Isaac é unha das escenas máis representadas da súa vida nas artes, que é un dos pasaxes bíblicos máis coñecidos.
Na Xénese, o libro do Antigo Testamento que rexistra a vida de Abrahán, presenta o seu papel como un individuo que debe cumprir un pacto monoteísta establecido entre el e Deus (Xehová o cal tamén foi transliterado como "Yehowah" ou "Yahweh")[8][9][10]. O Corán presenta historias sobre Abrahán e os seus descendentes que son similares ás que hai na Biblia.