Aceite de xirasol
aceite obtido de prensar sementes de xirasol (Heliantus annuus) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O aceite de xirasol é un aceite de orixe vexetal que se extrae do prensado das sementes do capítulo da planta de xirasol, tamén chamada tornasol, mirasol ou catasol.
Tecnicamente trátase dun conxunto de graxas insaturadas, cardiosaludables (posúe cantidades moderadas de ácido oleico comparado co aceite de oliva), e fonte abundante de vitamina E. Considérase tamén un potente antioxidante.