Aerolíneas Argentinas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aerolíneas Argentinas S.A. é a aeroliña máis grande da Arxentina é actúa como a aeroliña nacional dese país. Na súa maioría é propiedade do goberno arxentino e ten a súa sede na Torre Bouchard, localizada en San Nicolás, Buenos Aires. A aeroliña fundouse en 1949 tras a fusión de catro compañías e comezou a operar en decembro de 1950. Un consorcio liderado por Iberia tomou o control da aeroliña en 1990 e o Grupo Marsans mercouna, xunto coas subsidiarias, en 2001, tras un período de graves dificultades económicas que estiveron a piques de pechar a compañía. Dende finais de 2008 Aerolíneas Argentinas pertende ao goberno arxentino.
Aerolíneas Argentinas | ||
---|---|---|
IATA AR | OACI ARG | Indicativo ARGENTINA |
Fundación | 14 de maio de 1949 | |
Inicio das operacións | 7 de decembro de 1950 | |
Aeroporto principal | Aeroparque Jorge Newbery | |
Plan de voo frecuente | Aerolíneas Plus | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 50 | |
Destinos | 58 | |
Holding | goberno da Arxentina | |
Eslogan da compañía | Alta en el cielo | |
Sede | Buenos Aires | |
Páxina web: aerolineas.com.ar |
Aerolíneas Argentinas Cargo, a aeroliña rexional Austral Líneas Aéreas, a compañía de servizos aeroportuarios Aerohandling, a división de carga JetPaq S.A. e o operador turístico Optar S.A. son subsidiarias de Aerolíneas Argentinas.
A aeroliña e as súas subsidiarias operan dende dous centros de actividade, localizados en Buenos Aires. Os voos domésticos concéntranse no Aeroparque Jorge Newbery, e os servizos internacionais lévanse a cabo dende o Aeroporto Internacional Ministro Pistarini, aínda que tamén se realizan dende aí algúns servizos rexionais. A compañía proporciona transporte gratuíto aos pasaxeiros que teñen que cambiar dun aeroporto ao outro.