Aeroliña
compañía de transporte aéreo de viaxeiros ou mercadorías / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha aeroliña[1], compañía aérea ou liña aérea[2] é unha compañía de transporte aéreo de viaxeiros ou mercadorías. As compañías que transportan os clientes dunha forma acordada entre eles denomínanse chárter. As aeroliñas de bandeira son aquelas que teñen unha participación accionarial do Goberno e xeralmente posúen o monopolio dos voos internos. A primeira aeroliña foi DELAG, Deutsche Luftschifffahrts-Aktiengesellschaft, fundada o 16 de novembro de 1909.