Aeroporto de Calgary
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Calgary (IATA: YYC, OACI: CYYC) é un aeroporto internacional que serve á cidade canadense de Calgary, na provincia de Alberta. Está situado a uns 9 quilómetros ao nordés do centro da cidade. No ano 2016 foi o cuarto aeroporto máis concorrido do Canadá, pasando polas súas instalacións un total de 15 680 616 pasaxeiros. As industrias do petroleo, gas e turismo da rexión axudaron a impulsar o crecemento do aeroporto, que ten voos cara a destinos en Norteamérica, Centroamérica, Europa e Asia. Calgary tamén é un centro de conexións para as dúas principais aeroliñas canadenses, Air Canada e WestJet.
Aeroporto de Calgary YYC Calgary International Airport Aéroport international de Calgary YYC | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Transport Canada | ||
Operador | Calgary Airport Authority | ||
Cidade/Illa | Calgary | ||
Elevación (msnm) | 1 099 metros / 3 606 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.yyc.com/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 1 890 | 6 200 | asfalto |
11/29 | 2 438 | 8 000 | asfalto |
17R/35L | 3 863 | 12 675 | asfalto |
17L/35R | 4 267 | 14 000 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 15 680 616 | ||
Construído a finais dos anos 30, as súas instalacións medraron ata ter catro pistas, dúas terminais de pasaxeiros, almacéns para carga e outras infraestruturas. The Calgary Airport Authority opera o aeroporto mentres paga un alugueiro ao goberno federal. Preto do aeroporto está a autestrada Deerfoot Trail que conecta coa cidade e o transporte público tamén chega ás súas instalacións.