Aeroporto de Londres-Luton
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto de Londres–Luton (IATA: LTN, OACI: EGGW) (anteriormente coñecido como Aeroporto Internacional de Luton) é un aeroporto internacional situado a 2,8 km ao leste do centro de Luton, no condado de Bedfordshire, Inglaterra e a 56,5 km do centro de Londres. O aeroporto está a 3,2 km da saída 10a da Motorway M1. Trátase do cuarto maior aeroporto que serve á zona de Londres despois de Heathrow, Gatwick e Stansted, e é un dos seis aeroportos internacionais de Londre, xunto co da Cidade de Londres e Southend.
Aeroporto de Londres–Luton London Luton Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Luton Borough Council - Abertis | ||
Operador | London Luton Airport Operations Ltd | ||
Cidade/Illa | Londres, Reino Unido | ||
Localización | Luton, Bedfordshire | ||
Elevación (msnm) | 160 metros / 526 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | london-luton.co.uk | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 2 160 | 7 087 | asfalto |
Estatísticas (2013) | |||
Número de pasaxeiros | 9 697 944 | ||
Movem. de aeronaves | 95 763 | ||
En 2013, pouco menos de 9,7 millóns de pasaxeiros pasaron polo aeroporto, facendo de Luton o sexto aeroporto máis ocupado do Reino Unido. O aeroporto serve como base a EasyJet, Monarch, Thomson Airways e Ryanair. A gran maioría de rutas ofrecidas son dentro de Europa, aínda que hai algúns voos chárter e regulares cara a destinos no norte de África e Asia.