Afrikan tähti
From Wikipedia, the free encyclopedia
Afrikan tähti (en sueco Afrikas stjärna, en galego Estrela de África) é un xogo de mesa finlandés creado por Kari Mannerla, no que o obxectivo dos xogadores é encontrar unha xema chamada a "Estrela de África". Mannerla ideou o xogo orixinalmente cando tiña 19 anos baseado nunha pequena investigación previa. En 1951 lanzouse Afrikan tähti, facéndose moi popular en Finlandia, e vendendo máis de catro millóns de unidades a nivel internacional.
Orixe | Finlandia |
---|---|
Deseñado por | Kari Mannerla |
Data de publicación | 1951 |
Xogadores | 2-6 |
Preparación | 1-5 minutos |
Duración | 15-60 minutos |
Complexidade | Baixa |
Estratexia | Baixa |
Azar | Alto (dados) |
As normas do xogo son sinxelas: os xogadores avanzan sobre un taboleiro baseado no mapa de África tirando un dado e dando a volta a pesas de cartón para atopar tesouros. Os cartos que os xogadores conseguen dos tesouros pode acelerar o seu avance no xogo. Gaña o xogo a persoa que encontra a Estrela de África (Afrikan tähti) e a leva ao punto de partida nos cadros de Tánxer ou O Cairo.
Fixéronse tamén versións dixitais do xogo para Commodore 64 e dispositivos móbiles. En 2014 agregouse un complemento ao xogo de mesa, no que se engaden novos elementos, como cartas de personaxe e eventos. Durante os seus días de xubilación Mannerla creou tamén unha nova versión do seu vello xogo, Inkan aarre (en galego Tesouro inca), que transcorre en América do Sur e lembra na súa mecánica a Afrikan tähti.