Aloxamento web
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aloxamento web (en inglés web hosting) é o servizo que proporciona aos usuarios de Internet un sistema para poderen almacenar información, imaxes, vídeo ou calquera contido accesíbel vía web.
É unha analoxía de "hospedaxe ou aloxamento en hoteis ou en cuartos", onde un individuo ocupa un lugar específico; neste caso, a analoxía aloamxento web ou aloxamento de páxinas web, refírese ao lugar que ocupa unha páxina web, sitio web, sistema, correo electrónico, arquivos etc. en Internet ou, máis especificamente, nun servidor que, polo xeral, hospeda varias aplicacións ou páxinas web.
As compañías que proporcionan espazo nun servidor informático aos seus clientes adoitan denominarse co termo en inglés web host. A hospedaxe web, aínda que non é necesariamente un servizo, converteuse nun lucrativo negocio para as compañías de Internet.