American League
From Wikipedia, the free encyclopedia
A American League of Professional Baseball Clubs (do inglés: Liga Americana de Clubs Profesionais de Béisbol) ou American League (AL), é unha das dúas ligas de béisbol que conforman a Major League Baseball (MLB) nos Estados Unidos e o Canadá. A competición xurdiu da Western League, unha liga menor con sede nos estados dos Grandes Lagos, a cal conseguiu o status de liga maior en 1901. Ás veces é coñecida como "Junior Circuit" en contraposición á National League, fundada 25 anos antes e coñecida como o "Senior Circuit".
American League | |
---|---|
Fundación | 28 de xaneiro de 1901 |
Rexión | Estados Unidos Canadá |
Equipos | 15 |
Actual campión | Houston Astros (3º título) |
Máis laureado | New York Yankees (40 títulos) |
Sitio web | mlb.com |
Ao final de cada temporada, o campión da American League xoga contra o campión da National Legaue nas coñecidas como Series Mundiais. Até a actualidade tan só en dúas temporadas non se xogaron as Series Mundiais: en 1904, cando os New York Giants se negaron a xogar contra os campións da AL; e en 1994 debido a unha folga de xogadores. Os equipos da American League teñen gañado máis veces as Series Mundiais, sobre todo grazas aos vinte e sete títulos dos New York Yankees. Dentro da AL os equipos con máis títulos son os propios Yankees (40), seguidos polos Oakland Athletics (15) e os Boston Red Sox (14).