Andrea Dworkin
feminismo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrea Dworkin, nada en Camden, Nova Jersey, o 26 de setembro de 1946 e finada en Washington, D.C. o 9 de abril de 2005, foi unha ensaísta estadounidense, teórica do feminismo radical. Foi coñecida sobre todo pola súa crítica da pornografía, que comparou coa violación e outras formas de violencia contra as mulleres.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1946 Camden (Estados Unidos de América) |
Morte | 9 de abril de 2005 (58 anos) Washington, D.C. (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Bennington College (en) Cherry Hill High School West (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio, Estudos de xénero e feminismo |
Ocupación | ensaísta , activista polos dereitos das mulleres , xornalista , crítica literaria , novelista , escritora |
Período de actividade | 1966 - 2005 |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | John Stoltenberg (1998–2005) |
Premios
| |
Militante antibelicista e achegada ao anarquismo de fins dos anos 1960, Dworkin escribiu máis dunha decena de libros sobre a teoría e a práctica do feminismo radical. A finais dos anos 1970 e 1980, gañou sona nacional como portavoz do movemento feminista antipornografía e polos seus escritos sobre pornografía e sexualidade, particularmente polos libros Pornography: Men Possessing Women (1979) e Intercourse (1987), as súas dúas obras máis coñecidas.
A súa personalidade e as súas posicións categóricas sobre a sexualidade e a pornografía foron admiradas e aplaudidas por numerosas feministas, así como tamén foron o punto de mira de críticas, sobre todo por parte de feministas liberais.