Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Andy Warhol (1980) |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Andrew Warhola Jr. 6 de agosto de 1928 Pittsburgh, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 22 de febreiro de 1987 (58 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | Arritmia |
---|
Lugar de sepultura | St. John the Baptist Byzantine Catholic Cemetery (en) 40°21′16″N 80°01′47″O |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
---|
Grupo étnico | Lemko (pt) e americanos brancos (pt) |
---|
Relixión | Byzantine Catholic (en) |
---|
Educación | Universidade Carnegie Mellon (pt) Schenley High School (en) Carnegie Mellon School of Art (en) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Gravado, pintura, filme, gráficos, deseño e Arte pop |
---|
Lugar de traballo | París Pittsburgh Nova York |
---|
Ocupación | director de cinema , debuxante , gravador , cineasta , artista gráfico , ilustrador , artista de instalacións , artista de performance , autor , comerciante , deseñador , guionista , fotógrafo , pintor , autor de diarios , produtor de cinema , artista visual , escultor , director de fotografía , produtor |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Xénero artístico | Retrato pictórico, Natureza morta e retrato |
---|
Movemento | Arte pop |
---|
Profesores | Balcomb Greene (pt) , Robert Lepper (pt) , Samuel Rosenberg (pt) e Joseph C. Fitzpatrick (en) |
---|
Lingua | Inglés estadounidense e lingua inglesa |
---|
Representante | Artists Rights Society, Skarstedt Gallery (en) , Electronic Arts Intermix (en) e Gagosian Gallery (en) |
---|
Participou en |
---|
|
2009 | Von Picasso bis Warhol Künstlerschmuck der Avantgarde (pt) |
19 de xuño de 1982 | Documenta 7 (pt) |
27 de xuño de 1968 | 4. documenta (en) |
| De Calder à Koons, Bijoux d'Artistes, La Collection Idéale de Diane Venet (pt) |
|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Parella | Billy Name (pt) John Giorno (pt) Jed Johnson (pt) |
---|
Pais | Andrej Warhola e Julia Warhola (en) |
---|
Irmáns | Paul Warhola (pt) e John Warhola (pt) |
---|
Parentes | James Warhola (pt) (sobriño) |
---|
|
|
Páxina web | warhol.org |
---|
|
Pechar
Foi pioneiro na arte xerada por ordenador, usando ordenadores Amiga que apareceron en 1985, xusto antes da súa morte en 1987. Fundou a revista Interview Magazine e foi o autor de numerosos libros, como The Philosophy of Andy Warhol e Popism: The Warhol Sixties.