Anexión
proceso polo cal un país se apodera doutro / From Wikipedia, the free encyclopedia
A anexión é un proceso, xeralmente violento, polo cal un país se apodera doutro, trasladando ou integrando todas ou parte das súas institucións, especialmente as Forzas Armadas e de Policía que poidan ter e os seus órganos de política internacional (embaixadas, consulados, representacións ante institucións internacionais), nos casos en que o país anexionado sexa un estado independente.
Pese a que as anexións non adoitan seren desexadas pola clase dirixente do país anexionado, que xeralmente perden todo ou parte do seu poder, si poden ser desexadas pola maioría da poboación. Tamén hai casos nos que ocorre o contrario, así como outros nos que nin a clase dirixente, nin a poboación, está de acordo coa anexión.