Anfield
From Wikipedia, the free encyclopedia
Anfield é un estadio de fútbol localizado no distrito homónimo, na cidade de Liverpool, en Inglaterra, Reino Unido. A súa dirección é Anfield Road Liverpool L4 0TH. O estadio foi construído en 1884, e foi a casa do Everton Football Club até 1892, ano en que o club marchou despois dun desacordo económico. Desde entón o estadio foi o fogar do Liverpool Football Club, equipo formado a partir da saída do Everton de Anfield. É un estadio de categoría elite segundo os criterios da UEFA, e albergou numerosos partidos internacionais a nivel profesional, incluíndo encontros da selección inglesa de fútbol. O inmoble ademais foi utilizado durante a Eurocopa de 1996.
Anfield | |
---|---|
Datos | |
Localización | Liverpool, Inglaterra |
Construción | |
Inauguración | 28 de setembro de 1884 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 101 x 68 |
Capacidade | 53.394 |
Propietario | Liverpool F.C. |
Localía | Liverpool F.C. |
Eventos | |
O estadio comprende catro tribunas: Spion Kop, Main Stand ("Tribuna Principal"), Centenary Stand ("Tribuna do Centenario") e Anfield Road ("Camiño de Anfield"). A asistencia marca de 61.905 espectadores foi establecida en 1952 nun partido da FA Cup entre Liverpool e Wolverhampton Wanderers Football Club. Este fito tivo lugar antes de que se instalasen asentos para cada espectador no recinto. A instalación de asentos realizouse seguindo as recomendacións do chamado Informe Taylor. Planéase a apertura en 2011 dun novo estadio en Stanley Park, o cal substituiría a Anfield e daría cabida a 25.000 espectadores máis.