Antwerp Giants
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Antwerp Giants, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Telenet Giants Antwerp, é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Antuerpen (Antuerpen , Flandres). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. O equipo foi fundado 1995 a raíz da fusión de dous dos equipos máis exitosos do baloncesto do país: o Sobabee ou Antwerpse B.C., equipo con oito títulos de Liga (1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1973), e o Racing Mechelen, con quince (1965, 1966, 1967, 1969, 1974, 1975, 1976, 1980, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994). Actualmente disputa os seus partidos como local no Lotto Arena, pavillón con capacidade para 5 218 espectadores.
Datos rápidos Información xeral, Liga ...
Telenet Giants Antwerp | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BNXT League |
Alcume | Giants |
Fundación | 1995 |
Historia | Racing Antwerpen (1995–2006) |
Cores | Vermello, branco, amarelo |
Presidente | Bjorn Verhoeven |
Adestrador | Ivica Skelin |
Localización | |
Cidade | Antuerpen, Bélxica |
Pavillón | Lotto Arena |
Capacidade | 5 218 |
Inauguración | 10 de marzo de 2007 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2000) |
Copa | 4 (2000, 2007, 2019, 2020) |
Supercopa | 2 (2007, 2016) |
antwerpgiants.be |
Pechar